O piloto monfortino Eduardo Iglesias viaxará camiño de terras de Arabia Saudita para participar do 1 ó 14 de xaneiro nunha nova edición do rally Dakar, e antes da sua marcha foi recibido polo Alcalde de Monforte José Tomé, nun acto que serviu para dar a coñecer a moto coa que Iglesias competirá, así como a equipación que levará á proba, na que competirá co número 38. Este 2022 será o terceiro consecutivo en que o piloto participe no rally. Nas dúas anteirores, non so conseguiu rematar, senón que ademais fíxoo entre os 100 primeiros clasificados, nun meritorio posto 94 no ano 2020 e no posto 53 en 2021. o Concello apoia a participación de Eduardo Iglesias con 5.000 euros.•