NATACIÓN:Medalla de Bronce para Pablo Valcarce no Campionato Provincial

Pablo Valcarce, medalla bronce en 100 espalda. FOTO CNM.

O Club Natación Monforte tivo nesta ocasión un dobre desprazamiento, a Xove a disputar a primeira xornada das tres, nas que se divide o campionato provincial de Lugo, e a Redondela a disputar a 2ª xornada da Liga Promesas Benxamins e Alevíns.
En Xove, competiron co CN Xove, anfitrión e organizador desta xornada, CN Fluvial de Lugo e CN Portamiñá, nas categorías infantil ata absoluto. O CN Monforte levóu 19 nadadores, e as probas nas que participaron foron 50 libres, 200 braza, 100 costas, 100 estilos, 400 libres e 200 bolboreta, todas en categoría masculina feminina.

MEDALLA DE BRONCE PARA PABLO VALCARCE
O mellor resultado foi o obtido polo veterano do grupo, ainda que con só 22 anos, Pablo Valcarce, quen conseguiu a única medalla da expedición, que foi un bronce en 100 costas aínda que quedou a unhas décimas de subir novamente ao podio nos 100 estilos conseguindo en ambas probas a marca mínima para o campionato galego absoluto.

MÍNIMAS PARA O
CAMPIONATO GALEGO
Conseguiron tamén marca mínima para o campionato galego absoluto o nadador infantil Odei Arias, cun moi moi bo 100 costas que lle colocou preto do podio, do mesmo xeito que o seu compañeiro junior David Conde, que tamén se tivo que conformar cun cuarto posto na esixente proba da 200 bolboreta.
Outras novas mínimas posibles, a falta de confirmación, foron as de Elena Arias na 200 braza, Esther Martínez en 100 costas, Odei Arias en 100 estilos e Daniel Pérez en 200 braza.
O resto da expedición realizou nunha alta porcentaxe, as súas mellores marcas en piscina de 25 metros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cribado da covid-19 en Chantada para detectar casos asintomáticos e previr contaxios

Seguinte Nova

MOTOR: Eduardo Iglesias, único motorista galego e monfortino que participa, por terceiro ano consecutivo no rally Dakar

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: