A Xunta de Galicia e o Concello de Sober siguen traballando na excavación do xacemento arqueolóxico de Proendos, en Sober, co obxectivo de consolidar o hórreum romano saído á luz nos últimos traballos feitos polo Goberno galego neste espazo e que supón unha estrutura única na Comunidade Autónoma. Trátase dunha intervención que dá continuidade ás actuacións impulsadas nos últimos anos e nos que xa se descubriron numerosos materiais de ampla cronoloxía que van desde o século I ata o século V.
Nesta ocasión, a través dun convenio de colaboración asinado co Concello de Sober, os profesionais da empresa Tempos Arqueólogos traballarán na zona do hórreum para consolidar a súa estrutura e rematar a escavación ata o límite da parcela dispoñible. Traballan nunha superficie de 35 metros cadrados coa finalidade de definir espacialmente o hórreum para, posteriormente, recoller mostras e tomar imaxes topográficas e en 3D. •
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre