O BNG urxiu á Xunta no Parlamento galego a rematar a recuperación dos solos queimados polo gran incendio que afectou en setembro aos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Pobra do Brollón, unha recuperación que, segundo a deputada nacionalista Carme Aira, “debe ir máis alá do mulching, xa que os danos provocados polos lumes van máis alá de deixar exposto o solo á erosión e ás escorrentías, senón que tamén se dá a perda de moitos microorganismos que teñen unha función fundamental no crecemento e desenvolvemento das plantas ou a perda da estrutura física de solo que precisan intervención”.•