O CCU DE SARRIA PON EN MARCHA A SUA CAMPAÑA DE NADAL, APOSTANDO POR TRANSMITIR ALEGRÍA E ILUSIÓN NESTAS DATAS, A PESAR DA PANDEMIA

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionales e Autónomos de Sarria (ACES) ven de presentar a campaña de Nadal . CCU SARRIA

O comercio e hostalaría de Sarria desexan transmitir alegría e ilusión nestas datas. Ata o 31 de decembro estará vixente na rúa de novo “O LOTÓN”, na súa cuarta edición, actividade central da campaña que permitirá que un/unha cliente do CCU de Sarria gañe mil euros, que terá que gastar de novo no comercio asociado. A persoa premiada terá que facer as súas compras antes do día de Reis. O sorteo terá lugar no bulevar da Calvo Sotelo o día 4 de xaneiro.
Haberá ademais, concurso de escaparates para os asociados e animación nas rúas cos trasgos do Nadal do CCU, actividades convivirán coa campaña l da Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa Deputación “Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo”, no que se sortean 30.000 euros repartidos en 1.000 tarxetas prepago de 30 €.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rematados os traballos de sinalización na pista de acceso aos miradoiros turísticos de Vilañán

Seguinte Nova

O PP LUCENSE LEVA AO SENADO INICIATIVAS CONTRA A PERDA DE SERVIZOS FERROVIARIOS

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: