O Pazo de Tor, unha opotunidade para visitalo aproveitando a súa programación de Nadal

Moitas veces olvidamos que o Pazo de Tor é un museo vivo, que renova as suas propostas, e que ben merece coñecelo, e incluso revisitalo. Unha boa ocasión para facelo é con ocasión da sua programaciónd de Nadal:

A LUMINARIA EN TOR
Un obradoiro moi recorrente porque entusiasma aos máis cativos, e máis por estas datas, cando a luz das candeas e quinqués gardan un significado moi especial, imposible sen as nosas amigas, as abellas. Obradoiro. Data: 22 de decembro. Horario: 12:00h. Todas as idades.

AS POSTAIS, ULAS?
Hoxe, coas novas tecnoloxías e coa dixitalización, as veces, perversa da realidade física, mudou o xeito de nos relacionar e mesmo de transmitir afecto a parentes e seres queridos. As postais de Nadal tiñan o noso selo, por aquilo que escribiamos no seu reverso. No Pazo de Tor iremos máis aló! Non só expresaremos o amor ou a nostalxia por algunha ausencia, tamén faremos a nosa propia postal coa técnica de gravado. Data: xoves 23 de decembro. Horario: 12:00. Todas as idades

OBSERVACIÓN
ASTRONÓMICA
A maxia dos ceos nun escenario idílico. Data: martes 28 de decembro .
Horario: de 19:00h a 20:00h. Para todas as idades.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada loce a súa orixinal decoración de Nadal

Seguinte Nova

A SD Sarriana rompe a boa racha do Club Lemos, e remata o ano coomo lider

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss