O PP LUCENSE LEVA AO SENADO INICIATIVAS CONTRA A PERDA DE SERVIZOS FERROVIARIOS

Senadores PP Lugo – Juan Serrano, Xose Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manolo Varela . GP.-PP.

Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, Rosa Arza, Manuel Varela e Juan Serrano- levan á Cámara Alta o que consideran escasos servizos ferroviarios que supoñen unha “discriminación para a provincia”. Consideran os populares, que Lugo non disporá de suficientes frecuencias e conexións directas con Ourense e Madrid a través do AVE. Advirten tamén de que “a provincia de Lugo se atopa desconectada a nivel ferroviario do resto de Galicia e de España” e condenan “a perda da conexión directa de Lugo con Santiago”.
Os populares defenden que “Renfe, como operadora pública, non pode someter aos usuarios a prexuízos derivados de criterios economicistas. Non se pode poñer a suposta falta de demanda como escusa para desmantelar cada vez máis servizos e facer non desexables os que aínda permanecen en activo con horarios imposibles, traxectos longuísimos e falta de conexións adecuadas con outras cidades”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CCU DE SARRIA PON EN MARCHA A SUA CAMPAÑA DE NADAL, APOSTANDO POR TRANSMITIR ALEGRÍA E ILUSIÓN NESTAS DATAS, A PESAR DA PANDEMIA

Seguinte Nova

Convocada a IV Edición dos Premios Son Muller, organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss