Coa colocación da sinalización, danse por rematados os traballos de acondionamento da pista de acceso aos miradoiros turísticos de Vilañán. Trátase dunha pista duns 4 km que une o núcleo de Vilañán co despegue de parapente e o miradoiro. O remate desta obra permite agora achegarse ata esta zona con calquera tipo de vehículo e non con vehículos todo terreo como era preciso ata o de agora. Esto facilita que aquelas persoas que non queren subir ata o miradoiro ou o despegue andando o poidan facer en coche. Ademais tamén está a opción de facer as subidas ata a parte alta en vehículo e despois pasear pola cume do monte disfrutando das magníficas vistas de todo o val que se aprecian dende a pista.
O seguinte paso, aínda que sin data de inicio confirmada, é o acondicionamento do miradoiro, un saínte rochoso, dende o que se pode ver a práctica totalidade do val do río Quiroga.
O miradoiro conta xa cuns chanzos colocados polos veciños para facilitar o seu acceso, pero preténdese proporcionar máis seguridade para os visitantes coa mellora dos chanzos e unha varanda.•