A datación con carbono 14 revela Penas de Castelo como un dos castros documentados máis antigos de Galicia

Imaxe aerea do castro de Penas de Castelo. GPCAPB..

• Redacción- MONFORTE. A primeira campaña arqueolóxica en Penas do Castelo segue dando resultados únicos e sorprendentes. Este xacemento situado na ladeira do Río Lor na parroquia de Salcedo, A Pobra do Brollón, foi escavado o pasado verán. Durante a escavación, a edafóloga Cruz Ferro tomou unhas mostras de terra «en puntos clave do momento de construción da muralla» comenta. Tras ser analizadas por Carbono-14 no laboratorio BETA de Miami, os resultados das datacións dan século VIII–IX antes da nosa era. Trátase dun castro extremadamente temperán, polo que non resulta comparable cos castros máis «clásicos» de épocas posteriores. «‘Isto refléxase na propia toponimia; non é casual que se lle chame castelo e non castro» sinalan dende o equipo. Con esta datación, Penas do Castelo sitúase precisamente no que sería a transición da Idade do Bronce á Idade do Ferro, un período histórico no noroeste peninsular moi descoñecido a nivel de investigación, o que fai que, máis alá do local,o xacemento gañe interés científico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Vicepresidencia da Deputación fai balance da sua xestíon cultural durante o ano 2021 no que organizou máis de 420 actividades culturais e lúdicas

Seguinte Nova

O PP considera que PSOE e BNG devalúan o Plan Único 2022, ao conxelalo pese a suba dos prezos da enerxía

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss