A Vicepresidencia da Deputación fai balance da sua xestíon cultural durante o ano 2021 no que organizou máis de 420 actividades culturais e lúdicas

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, facendo balance da sua xestión cultural ao longo de 2021. GPVDL.

• Redacción- MONFORTE. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organizou máis de 420 actividades culturais e lúdicas ao longo de 2021 nas distintas comarcas. A vicepresidenta, Maite Ferreiro , destacou que “as actividades impulsadas desde a área de Cultura chegaron á práctica totalidade dos concellos, contribuíndo a ampliar as programacións dos propios concellos e ofrecendo a asociacións culturais e educativas a oportunidade de realizar as súas programacións, optando pola cultura en galego e con perspectiva de xénero”.
Neste 2021, destacou, “procuramos un maior achegamento ás asociacións de nais e pais e aos colectivos ligados ao ámbito educativo e á mocidade, chegando aos centros educativos con iniciativas como Ilustrarnos, actividades arredor do Día de Rosalía ou obradoiros de linguas. Cremos que chegar ás persoas máis novas con propostas creativas é a formula máis adecuada para xenerar hábitos de participación na actividade cultural e un recoñecemento e valorización da cultura, especialmente da cultura propia”, sinalou.

TEATRO E MÚSICA
TRADICIONAL
Maite Ferreiro detallou que “preto da metade das actividades corresponden a representacións dos circuítos de teatro profesional e amador, con preto de 90 funcións dunha trintena de compañías, e a actuacións do Musiqueando, un programa de apoio á musica tradicional que promove a presenza e grupos tradicionais, bandas e corais en celebracións populares”.

AUDIOVISUAL
EN GALEGO
A responsábel nacionalista subliñou tamén “a aposta pola difusión do audiovisual en galego, tratando, por unha parte, de achegar filmes como “Cuñados” ou “Ons”, que tiveron un percorrido comercial ás localidades máis pequenas, e, por outra parte, de apoiar pequenas producións de creadoras novas”

REFERENTES
CULTURAIS PROPIOS
Ademais, indicou que “reforzamos as programacións vinculadas a datas relevantes para a cultura e identidade como o Día de Rosalía, o Día das Letras galegas ou do Día da Ilustración, nas que seguiremos incidindo para contribuír a consolidar estas efemérides na axenda dos concellos e dos colectivos culturais”.

XELA ARIAS
En relación co 17 de maio, lembrou a labor de difusión da obra e da figura de Xela Arias coa itinerancia da exposición “A poesía do retrato”, que estivo nas rúas de distintas vilas máis da metade do ano, e coa distribución de exemplares das súas obras entre os centros educativos. Tamén se parou nas intervencións artísticas que se realizaron en centros educativos e espazos culturais, cun total de 32 murais realizados por artistas novos en diferentes localidades.

MÚSICA EN GALEGO
Durante os meses de verán, promovéronse actuacións de grupos musicais en galego, entre eles, formacións dirixidas especialmente a público infantil. En total, programáronse maís de 30 concertos de bandas como Os parentes de Sober, Louband Street, Airiños da Freba, Comando Curuxás, Mr Trío, Nebra, Timparrantela ou Paco Nogueiras e Pakolas, entre outros.

APOIO AO SECTOR
CULTURAL
A responsábel nacionalista salientou que “malia ser, de novo, un ano condicionado pola crise sanitaria, demos continuidade a todas as programacións que se viñan desenvolvendo e puxemos en marcha outras, adaptándonos ás circunstancias e normativas sanitarias en cada momento e optando por actos reducidos, calendarios flexibles e mesmo formatos en liña cando foi preciso”.
Neste sentido, concluíu, que “con esta continuidade na acción cultural, desde a Vicepresidencia da Deputacíon, contribuímos tamén a xenerar actividade e traballo nun sector moi prexudicado polo impacto da pandemia”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Entran en vigor os Orzamentos 2022 da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo

Seguinte Nova

A datación con carbono 14 revela Penas de Castelo como un dos castros documentados máis antigos de Galicia

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: