• Redacción- MONFORTE. A Xunta abriu o prazo para solicitar as axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) con dificultades económicas sobrevidas. O obxectivo desta convocatoria é garantir que poidan continuar os seus estudos universitarios.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina estas axudas aos universitarios que presenten unha necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa imprevista ocorrida no actual curso académico. Entre estas causas están a orfandade absoluta, o desemprego, o falecemento, a falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, a condición de emigrante retornado, a de vítimas de violencia de xénero ou actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar.
As axudas, cuxo importe dependerá da renda familiar, oscilarán entre os 1.750 e os 3.000 euros.
Os estudantes deberán estar matriculados no curso 2021/22 nun mínimo de 50 créditos en estudos u de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).•
Últimas noticias sobre AXUDAS
O Concello de Chantada impulsa, por primeira vez, un programa de axudas á natalidade co obxectivo
O Concello de Quiroga xa ten aberto o prazo para solicitar as axudas anuais dirixidas a
Turismo de Galicia prolongou ata o 9 de decembro o prazo para que as empresas do
O Concello de Monforte de Lemos convocará, por oitavo ano consecutivo, o Programa de Fomento da
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde da Consellería de Emprego, Comercio