A Xunta convoca as axudas aos universitarios con dificultades económicas para continuar estudos neste curso

O importe das bolsas, en función da renda familiar, oscilará entre os 1.750 e os 3.000€, o que supón un incremento de 250€ respecto do curso anterior. USC.

• Redacción- MONFORTE. A Xunta abriu o prazo para solicitar as axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) con dificultades económicas sobrevidas. O obxectivo desta convocatoria é garantir que poidan continuar os seus estudos universitarios.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina estas axudas aos universitarios que presenten unha necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa imprevista ocorrida no actual curso académico. Entre estas causas están a orfandade absoluta, o desemprego, o falecemento, a falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, a condición de emigrante retornado, a de vítimas de violencia de xénero ou actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar.
As axudas, cuxo importe dependerá da renda familiar, oscilarán entre os 1.750 e os 3.000 euros.
Os estudantes deberán estar matriculados no curso 2021/22 nun mínimo de 50 créditos en estudos u de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 2,7 millóns de eruos en axudas para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas

Seguinte Nova

Alberto Chicote e Ana Guerra camiñan pola Ribeira Sacra nun novo capítulo do programa da Sexta Fuera de serie

Últimas noticias sobre AXUDAS

A %d blogueros les gusta esto: