• Redacción- MONFORTE. O xefe territorial da Consellería de Política Social en Lugo, Javier Vázquez Nodal, destacou que a Xunta destina este ano un orzamento de 102.600 euros para financiar o funcionamento da Unidade de Atención Temperá de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil. Vázquez Nodal participou na inauguración das instalacións no centro social da Ribeira, en Quiroga, en compañía do alcalde do municipio, Julio Álvarez, e doutros rexedores da zona. Apuntou que o Goberno galego aprobou en 2021 esa achega máxima para sufragar o servizo, que conta con profesionais de Fisioterapia, Logopedia e Psicoloxía. A Rede de Atención Temperá atende a nenos e nenas de ata seis anos que teñen algún trastorno no desenvolvemento ou presentan risco de padecelo. A Xunta de Galicia destinará 6,2 millóns de euros en 2022 para ampliar a máis de 50 as unidades que funcionan na Comunidade. Na provincia de Lugo, as axudas aprobadas este ano pola Consellería de Política Social para a prestación de servizos de atención temperá por parte de administracións locais contribúen a dar cobertura a nenos e nenas de 36 municipios.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa
O Mesón Ferreiriño alzouse co título de tapa gañadora no concurso Val de Quiroga de Tapas
O Xeoparque Montañas do Courel lanzou un concurso para seleccionar o seu novo logo, adaptado ás
O Obradoiro Dual de Empleo Serra do Faro VIII está a facer unha importante contribución á
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,