• Redacción- MONFORTE. Xa está aberto o prazo de inscrición sexta edición do Espazo Coworking Ribeira Sacra 2022 de Monforte de Lemos, polo que xa se pode formalizar a solicitude para acceder a unha das prazas do mesmo. O período de inscrición permanecerá aberto durante todo o mes de xaneiro de 2022.
A previsión é que esta sexta edición programa Coworking dea comezo no primeiro trimestre do 2022.
Desenvolveranse diferentes tipos de actividades:
Talleres nos que axúdase aos emprendedores para validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha: Lean Start Up: Avaliación e validación do teu plan de negocio; Crowfunding, estratexias de comunicación en redes sociais, creatividade e innovación, como poñer en marcha un Plan de márketing dixital, etc.
Tamén haberá sesións de formación grupal dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e por tanto de asistencia obrigatoria para os mesmos. Nelas traballaranse materias específicas para o impulso e despegamento dos proxectos do espazo coworking: finanzas para emprendedores non financeiros; habilidades de comunicación, xestión do talento nun proxecto emprendedor: deseña o teu equipo, etc.
Os participantes do coworking asistirán a sesións de mentorización por parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores desde o deseño de modelo de negocio á posta en marcha do proxecto. •
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,
Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta
Remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte, e propón a
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra organizou unha xornada para presentar propostas para a elaboración do
Desde a Xunta de Galicia, os populares galegos apoian o investimento, mentres nacionalistas e socialistas móstranse