Alberto Chicote e Ana Guerra camiñan pola Ribeira Sacra nun novo capítulo do programa da Sexta Fuera de serie

• R.- MONFORTE. A Ribeira Sacra foi tamén protagonista, xunto con Ana Guerra dun dos ultimos capítulos emitidos pola Sexta, do programa Fuera de serie, que presenta o coñecido cociñeiro Alberto Chicote. A camiñada tivo lugar en Parada de Sil, e os dous senderistas non puideron evitar deixarse arrastrar pola maxia da paisaxe e a impresión ante unha natureza que atafega, con toda a súa gama de cores outonais.
E loxicamente, o contexto era idóneo para que a cantante canaria fixese confidencias sobre o seu paso por OT ou a evolución da súa carreira discográfica. Un éxito tan rápido e sorprendente, que non sempre é sinxelo de asumir, e que levou a Ana Guerra a terapia. Un mal xeneralizado nestes tempos de pandemia na nosa sociedade, e do que tampouco a cantante puido fuxir..•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta convoca as axudas aos universitarios con dificultades económicas para continuar estudos neste curso

Seguinte Nova

O Museo Provincial de Lugo inaugura Recolectoras: Memoria e terra e Proximidade Llunyana, mostras que forman parte do programa: “Mulleres Rurais”

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: