As obras de mellora no tramo Monforte-Lugo afectarán o servizo ferroviario entre o 10 de xaneiro e o 10 de maio

O investimento orzado no tramo Ourense-Monforte supera os 3 millóns de euros . (Foto: ADIF)

• Redacción- MONFORTE.
O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido entre o 10 de xaneiro e o 10 de maio de 2022 debido ás obras de mellora que Adif leva a cabo neste corredor. Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos afectados.
Adif acometerá durante este período actuacións en infraestrutura (obras de drenaxe, pasos superiores, noiros de trincheiras e túneles) e en vía para permitir a electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo Mercadorías, de 75 km de lonxitude.
A execución desta fase de obras é incompatible co tráfico ferroviario, xa que leva consigo o levante da vía e instalacións en varios quilómetros do percorrido para permitir o rebaixe e sostemento nos túneles, ademais da adecuación das pontes existentes para a instalación da catenaria.

ADIF LICITA A EXECUCIÓN DE CERRAMENTOS EN ZONAS URBANAS E PASOS VICIOSOS DO TRAMO OURENSE-MONFORTE
Adif aprobou a licitación dun contrato de obras de execución do proxecto de cerramentos en zonas urbanas e pasos viciosos no tramo Ourense-Monforte de Lemos (liña Vigo-Monforte).
A actuación, que conta cun orzamento de licitación de 3.017.433,58 euros (IVE incluído), enmárcase no conxunto de melloras planificadas para o corredor Ourense-Monforte-Lugo.
No 46 km do traxecto dispoñeranse, nos puntos indicados, dous tipos de cerramento, en función da zona de actuación: cerramento con malla electrosoldada de aceiro, montada sobre un murete de formigón armado. Malla de cerramento de simple torsión (sen murete) con protección enterrada como reforzo ante a fauna existente.
Este contrato forma parte das actuacións previstas por Adif para incrementar a seguridade, tanto en estacións de viaxeiros como noutras contornas, para os cidadáns e para as circulacións ferroviarias. Con estes traballos preténdese mellorar os sistemas de protección da infraestrutura para disuadir e evitar tránsitos indebidos polas vías.
Esta actuación complementa a planificada para a execución de máis de 29.000 metros de novos cerramentos de protección no tramo adxacente Monforte de Lemos-Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e Deputación asinan un convenio de colaboración

Seguinte Nova

Aberto o prazo de inscrición para a sexta edición do Espazo Coworking Ribeira Sacra 2022 de Monforte de Lemos

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: