Entran en vigor os Orzamentos 2022 da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo

• Os Orzamentos da Xunta son os máis altos da sua historia, e os da Deputación, con 100 millóns de euros, os maiores na última década.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, a Vicepresidenta, Maite Ferreiro Tallón, e a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez durante o acto de presentación dos Orzamentos da Deputación 2022. GCDL.

• Redacción- MONFORTE. Os Orzamentos da Xunta de Galicia para 2022 son os máis altos da historia da Comunidade e ascenden a 11.627 millóns de euros para pasar da reactivación á recuperación económica e reforzar o crecemento san.

A XUNTA REFORZA O GASTO SOCIAL E O
EMPREGO
Os Presupostos de 2022 reforzan un ano máis o gasto social tradicional (sanidade, educación e políticas sociais) e o emprego. Así, estes orzamentos inclúen o maior gasto social que ascende a 8.660 millóns de euros para a sanidade, o ensino, as políticas sociais e o emprego, cun aumento de 610 millóns con respecto a este exercicio.
Ademais, reforzan os recursos para o investimento produtivo que tamén contribúe ao fortalecemento dos servizos públicos. Estes Orzamentos inclúen máis de 2.500 millóns de euros para investimentos.

REBAIXAS DE IMPOSTOS
En materia de política fiscal, os presupostos do vindeiro ano recollen novas rebaixas de impostos no IRPF, no Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) e no Imposto de Patrimonio que se suman a todas as aprobadas nos últimos anos.

A Xunta leva aprobadas tres rebaixas na tarifa autonómica do IRPF en oito anos -2014, 2016 e 2022- co que as rendas máis baixas pagarán no ano 2022 un 22% menos de IRPF que no 2009. Ademais, case a metade dos contribuíntes galegos deixarán de pagar un de cada cinco euros por este imposto respecto do que aboaban no ano 2009.
O ITP rebáixase un 10%, co que o tipo xeral pasa do 10 ao 9% para reducir a tributación ás familias que adquiren unha vivenda usada, favorecendo a dinamización do mercado inmobiliario e reactivando a rehabilitación. En canto ao imposto de Patrimonio mantense o mínimo exento e bonifícase un 25% a cota.
Ademais mantéñense todas as rebaixas xa aprobadas no Imposto de Sucesións que sitúan a Galicia entre as comunidades autónomas con mellor tratamento fiscal para as herdanzas entre familiares directos e para os irmáns. Neste momento xa están exentas de tributación o 99,9% das herdanzas por vías directa.

OS ORZAMENTOS DA DEPUTACIÓN EN VIGOR DENDE PRINCIPIOS DE ANO
Os Orzamentos da Deputación de Lugo para o 2022 están en vigor dende o primeiro día do ano. O Presidente, José Tomé Roca, considerar prioritario contar con este instrumento investidor para toda administración dende principios de ano porque só así “os presupostos son realmente útiles e eficaces para a provincia”.
A Deputación dispón dun Orzamento de 100M€, o máis alto da última década, que ten como obxectivo seguir mellorando e ampliando os servizos públicos, sobre todo no rural, e continuar apoiando a recuperación económica da provincia, en colaboración cos concellos e co tecido social e económico. Para elo, o Goberno reforza catro grandes liñas de actuación: políticas sociais, cooperación cos concellos, apoio aos sectores produtivos e mellora da mobilidade. A Deputación de Lugo dedica máis dun terzo do total do Orzamento a Políticas Sociais. No 2022 aumenta a consignación un 12% ata chegar aos 34M€, dos cales 10M€ son para os Centros de Atención a Maiores. O principal instrumento de cooperación da institución provincial, o Plan Único, está dotado con 11M€ no Orzamento, que se elevarán ata os 21,5M€ coa incorporación de remanentes, como se fixo ata agora.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 6 millóns de euros en investimentos na zona sur da provincia a través do Plan Único 2022 da Deputación de Lugo

Seguinte Nova

A Vicepresidencia da Deputación fai balance da sua xestíon cultural durante o ano 2021 no que organizou máis de 420 actividades culturais e lúdicas

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: