Máis de 2,7 millóns de eruos en axudas para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas

• Os interesados poderán presentar as súas solicitudes de achega ata o vindeiro luns 31 de xaneiro

• Redacción- MONFORTE.
A Xunta mantén aberto -ata o vindeiro luns 31 de xaneiro- o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás axudas que se veñen de convocar para o fomento da elaboración e da comercialización de produtos vitivinícolas. Estas achegas, xestionadas pola Consellería do Medio Rural, están dotadas cun total de 2.712.000 euros para 2022 e 2023.
Destas subvencións, poderán beneficiarse as empresas vitivinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas, as asociacións de dous ou máis produtores con personalidade xurídica e as organizacións interprofesionais. Serán subvencionables os custos de construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, a compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto, os custos xerais vinculados aos gastos anteriores tales como honorarios e estudos de viabilidade co límite do 8% do orzamento aprobado para a operación de investimento, así como a adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e de patentes, licenzas, dereitos de autor ou o rexistro de marcas colectivas.
Os principais obxectivos desta convocatoria son, entre outros, os de fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario e impulsar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, da eficiencia enerxética global, da utilización de enerxías renovables e da valorización e tratamento dos residuos.
Preténdese, así mesmo, fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas, a produción ecolóxica e os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte recuperou o ambiente festivo revivindo a ilusión da Cabalgata de Reis

Seguinte Nova

A Xunta convoca as axudas aos universitarios con dificultades económicas para continuar estudos neste curso

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss