Novo reparto gratuíto de 190.000 máscarillas a todos os monfortinos

• O Concello inviste neste material sanitario aproximadamente 50.000 euros

• Redacción- MONFORTE. O Concello de Monforte está levando a cabo un novo reparto masivo de mascarillas a todos os cidadáns censados na cidade, no que se inclúen tanto adultos como nenos e nenas. Puxéronse a disposición dos monfortinos un total de 190.000 mascarillas, co obxectivo de facilitar ós veciños medidas de prevención e contención ante o Covid-19.
O Alcalde destaca que “dende o Equipo de Goberno do Concello somos conscientes que novamente é necesario que axudemos a protexerse ós nosos cidadáns ante a incidencia do Covid-19 e da súa variante Omicrom, e para elo organizamos o que é o cuarto reparto masivo a poboación monfortina de mascarillas».
En concreto, o Concello destina 10 unidades de mascarillas por persoa. Estas 190.000 mascarillas engádense ás 260.000 mascarillas repartidas dende o Concello no ano 2021. No ano 2020, o Concello repartiu 150.000 mascarillas entre todos os cidadáns monfortinos, destinou 23.000 unidades a alumnos de todos os centros educativos e 12.000 distribuíronse entre os comerciantes e hostaleiros da cidade. O Alcalde subliñou que “con este novo reparto que poremos en marcha a partir do vindeiro luns, o Concello de Monforte destinou para a súa poboación, dende o inicio da pandemia da Covid-19, máis de 635.000 mascarillas, unha cifra que creo que poucas administracións poden igualar, proporcionalmente falando.
As mascarillas están a disposoición de todos os cidadáns censados en Monforte ata o 14 de xaneiro no Edificio Multiusos (ronda María Emilia Casas Baamonde), en horario de 9:00 a 14.30 horas.
Esta recollida poderá ser levada a cabo por un membro da unidade familiar, que deberá presentar o seu DNI, e poderá recoller o resto de mascarillas correspondentes ós membros da súa unidade familiar.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O alto número de casos fai que a Xunta prolongue as restricións polo menos dúas semanas máis

Seguinte Nova

REMATAN OS TRABALLOS PARA REFORZAR A SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA N-120

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: