• Ainda que cinguirá a limitación horaria de reunións de non conviventes aos xoves, venres e sábados
• Redacción- MONFORTE. O que no número anterior de EnComún era una posilidade, terminou convertíndose en cruda realidade. A sexta onda da pandemia, coa variante ómicron, está batendo todos os rexistros de contaxios, e ainda que a vacinación está limitando o número de casos graves da enfermidade, o alto número de contaxios, non só ameazan con colapsar a atención primaria, senón que fai que as cifras de ingresos, tanto en planta como en uci e o número de vítimas, sexa preocupante. Por este motivo, a Xunta decidiu manter, polo menos durante dúas semanas máis as restricións que impuxo a finais do pasado mes de decembro, aínda que cinguirá a limitación horaria de reunións de non conviventes entre as 3,00 horas e as 6,00 h., en espazos públicos e privados, aos xoves, venres e sábados.
No Sur de Lugo, na comarca de Lemos o número de casos ascende a 551, na de Sarria a 650, en Chantada 240 e na de Quroga 98. Ademais, no Hospital de Monforte hai 8pacientes ingresados.
PROBAS DIAGNÓSTICAS GRATUÍTAS
A Xunta habilita 32 espazos en toda Galicia para que a cidadanía poida realizar probas diagnósticas de xeito gratuíto. En concreto, nas comarcas do Sur de Lugo, serán a Biblioteca municipal Sarria (Casa da Cultura) os luns, mércores e venres, de 16:00 a 20:00, e o Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, de luns a venres , de 15:00 a 20:00h. •