O Concello de Monforte iniciou as obras de mellora das cubertas nas naves do polbo do mercado gandeiro

• Redacción- MONFORTE. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou o inicio das obras de mellora das cubertas das naves do polbo do campo da feira de Monforte, que foron adxudicados á empresa Intelga-Mundoor SLU por un importe superior ós 70.000 euros (70.161,85 €). O Alcalde destaca que “con esta actuación cumprimos co obxectivo de mellora das cubertas destas dúas naves, non só para proporcionar mellores servizos ás empresas que as utilizan durante os días de feira en Monforte, os días 6 e 24 de cada mes, senón tamén para que poidan ser utilizadas nas óptimas condicións para actividades expositivas e outro tipo de actos que se organicen dende o Concello”.
O Alcalde salientou que “dende o Equipo de Goberno seguimos desenvolvendo o noso plan de mellora de infraestruturas urbanas da nosa cidade, neste caso para solventar as deficiencias das cubertas das naves do polbo do campo da feira. Cabe recordar que recentemente tamén levamos a cabo dúas actuacións deste tipo e de gran relevancia, como foron a renovación das cubertas da Praza de Abastos de Monforte, por un importe superior ós 63.000 euros (63.624,16 €) e as do Edificio Multiusos, por máis de 255.000 euros (255.812,85 €), proporcionar así mellores servizos ós nosos cidadáns». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Sur de Lugo recibe 349.000 euros da Xunta para programas de inclusión social

Seguinte Nova

BNG e PP demandan melloras nos servizos ferroviarios das comarcas de Lugo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: