• R.- MONFORTE. O Concello de Sober convoca o seu tradicional concurso de deseño gráfico coa fin de elixir o cartel anunciador da XLII Feira do Viño de Amandi, que inicialmente debe celebrarse o 9 e 10 de abril coincidindo co domingo de Ramos. Os deseños deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no especial patrimonio e cultura do concello.
Establécese un premio ao traballo gañador de 600 euros en metálico e unha peza de Gundivós personalizada.
A entrega de orixinais farase na Casa do Concello ata o día 10 de febreiro de 2022. O horario de entrega será de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden ser enviados por correo postal ao Concello de Sober.•