O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e Deputación asinan un convenio de colaboración

• A Deputación de Lugo aporta 81.000 € para o Plan de Sostibilidade Turística

José Tomé e os alcaldes de Sober, Portomarín, Pantón, Ribas de Sil e Paradela, e a tenente de Alcalde de Monforte. GPDL

• Redacción- MONFORTE. O presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e rexedor de Sober, Luís Fernández Guitián e o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinaron un convenio de colaboración a través do que a institución provincial aporta 81.000€ a esta entidade para sacar adiante o Plan de Sostibilidade Turística que lle foi concedido polo Ministerio de Industria e Turismo.
Ao acto asistiron, ademais do rexedor de Sober, os alcaldes de Portomarín, Pantón, Ribas de Sil e Paradela, e a primeira tenente de Alcalde de Monforte de Lemos.
José Tomé declarou que “con este acorto garantimos a execución deste paquete de medidas que lle outorgou o Goberno de España ó Consorcio da Ribeira Sacra co obxectivo de impulsar a transformación deste destino turístico cara a sustentabilidade”. O Plan de Sostibilidade recolle un total de 38 liñas de actuación para abordar nas en tres anos e, entre os obxectivos, está a inclusión da Ribeira Sacra nas Rutas del Vino de España. Tamén están recollidas actuacións para mellorar a mobilidade, fomentar os transportes sostibles, apostar polas rutas vinícolas e de sendeirismo, recuperar espazos naturais ou accións formativas, todo neste territorio que vén de ser recentemente recoñecido como Reserva da Biosfera.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

EXCELENTE PARTICIPACIÓN DO MONFORTINO EDUARDO IGLESIAS NO DAKAR 2022

Seguinte Nova

As obras de mellora no tramo Monforte-Lugo afectarán o servizo ferroviario entre o 10 de xaneiro e o 10 de maio

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss