O Museo Provincial de Lugo inaugura Recolectoras: Memoria e terra e Proximidade Llunyana, mostras que forman parte do programa: “Mulleres Rurais”

• R.- MONFORTE. Recolectoras: Muller e terra xunto a Proximidade Llunyana, ademais de Fotografías Centrípetas conforman dous dos proxectos do programa Mulleres Rurais coordinado por Encarna Lago. Estes proxectos desenvolvéronse mediante xornadas de co-creacións artísticas con mulleres rurais, en conversa con artistas contemporáneas do tecido cultural galego. Co fin de xerar narracións colectivas que poñan en primeiro plano a realidade da figura feminina do noso rural.“Recolectoras” pretende o que o seu nome indica, recolectar a realidade da nosa contorna rural desde e coas propias protagonistas, as mulleres.
Devolvendo a voz ás mulleres rurais contemporáneas e abarcando a multidisciplinariedade que esta figura representa, falamos de emprendemento, de innovación, de migración, de precariedade, de ecofeminismo, de igualdade, de sustentabilidade, de tradición, de memoria e historia. Historias e persoas que non deben quedar no esquecemento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Alberto Chicote e Ana Guerra camiñan pola Ribeira Sacra nun novo capítulo do programa da Sexta Fuera de serie

Seguinte Nova

O Concello de Sober convoca o concurso para o cartel anunciador da XLII Feira do Viño de Amandi

Ir aInicio

Don't Miss