• Redacción-MONFORTE. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinalou que “o Partido Popular de Lugo foi partícipe e creador do Plan Único e non vai ser cómplice da súa devaluación, unha devaluación que PSOE e BNG pretenden para o 2022, conxelándoo, en 21,5 millóns de euros, moi similar ao ano 2021, pero cunha diferencia moi grande, que é que a día de hoxe estamos cunha inflación moi grande e moi especialmente no capítulo de investimentos, porque os prezos subiron máis dun 25%”.
Castiñeira explica que “a enerxía subiu, case un 30% a luz e un 25% o gasóleo, e os produtos da construción tamén un 20%”. Engade que “polo tanto, os concellos con este Plan Único van poder facer un 25% menos de obra; non estamos de acordo, especialmente nun momento de recuperación”.
PERDA DE PODER ADQUISITIVO DOS CONCELLOS
O portavoz popular di que “cando os concellos necesitan máis apoio da Deputación de Lugo, esta institución o que fai é devaluar esas axudas e os concellos acaban perdendo poder adquisitivo”.•