O PP considera que PSOE e BNG devalúan o Plan Único 2022, ao conxelalo pese a suba dos prezos da enerxía

Imaxe dos deputados provinciais do PP, na entrada ao Pleno da Deputación de Lugo. GP-PP.

• Redacción-MONFORTE. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinalou que “o Partido Popular de Lugo foi partícipe e creador do Plan Único e non vai ser cómplice da súa devaluación, unha devaluación que PSOE e BNG pretenden para o 2022, conxelándoo, en 21,5 millóns de euros, moi similar ao ano 2021, pero cunha diferencia moi grande, que é que a día de hoxe estamos cunha inflación moi grande e moi especialmente no capítulo de investimentos, porque os prezos subiron máis dun 25%”.
Castiñeira explica que “a enerxía subiu, case un 30% a luz e un 25% o gasóleo, e os produtos da construción tamén un 20%”. Engade que “polo tanto, os concellos con este Plan Único van poder facer un 25% menos de obra; non estamos de acordo, especialmente nun momento de recuperación”.

PERDA DE PODER ADQUISITIVO DOS CONCELLOS
O portavoz popular di que “cando os concellos necesitan máis apoio da Deputación de Lugo, esta institución o que fai é devaluar esas axudas e os concellos acaban perdendo poder adquisitivo”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A datación con carbono 14 revela Penas de Castelo como un dos castros documentados máis antigos de Galicia

Seguinte Nova

EXCELENTE PARTICIPACIÓN DO MONFORTINO EDUARDO IGLESIAS NO DAKAR 2022

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: