O Sur de Lugo recibe 349.000 euros da Xunta para programas de inclusión social

• Posibilitará iniciativas locais de formación ou programas de educación e apoio familiar

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias no acto de presentación dos Programas de Inclusión Social. GPXG.

• Redacción- MONFORTE. A Consellería de Política Social financiou con 349.000 euros un total de 13 programas de atención a persoas en risco ou situación de vulnerabilidade que desenvolverán seis concellos do sur lucense.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que ao abeiro deste programa de axudas de inclusión social, os concellos poden desenvolver actividades de formación básica ou laboral adaptada ás necesidades dos destinatarios; establecer medidas de educación e apoio familiar, ou incidir en accións de mediación intercultural ou de carácter residencial.
No sur de Lugo, o concello de Monforte asume case a terceira parte das achegas -105.575 €- para desenvolver seis programas de atención a persoas e colectivos en risco de exclusión social. Tamén resultaron beneficiarios os municipios de Quiroga, Pantón, A Pobra do Brollón, Chantada e Sober. A práctica totalidade destinan os apoios a ofrecer servizos complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social de menores.
O Goberno galego incrementou en 600.000 € o orzamento e aumentou o período para executar os programas subvencionados -de 20 a 22 meses- para dar maior estabilidade financeira ás corporacións municipais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo de inscrición para a sexta edición do Espazo Coworking Ribeira Sacra 2022 de Monforte de Lemos

Seguinte Nova

O Concello de Monforte iniciou as obras de mellora das cubertas nas naves do polbo do mercado gandeiro

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss