Os Furanchos xa son unha posibilidade no Concello da Pobra do Brollón

• Unha medida con implicacións turísticas, económicas e comunitarias
así como de mantemento da paisaxe vinícola

Imaxe das adegas de Vilachá que teñen agora a posibilidade de convertirse en Furanchos. (Foto: CAPB)

• Redacción-MONFORTE. Os furanchos son establecementos para a venta de excedente de viño e a súa apertura
está regulada por lei autonómica. Ademais os concellos deben habilitar esta opción mediante ordenanza municipal, que é o que agora vén de facer o Concello da Pobra do Brollón. Trala aprobación da ordenanza o pasado 29 de outubro, xa foi publicada no BOP e no DOG,e polo tanto está plenamente vixente.

CONDICIÓNS
“Realmente hai pouca marxe de regulación para os Concellos e a ordenanza é case igual á lei autonómica,” explica o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. Non pode abrir un furancho calquera persoa, senón que debe ser un viticultor con viñas rexistradas no rexistro vitícola de Galicia. A superficie das viñas en propiedade determinará a cantidade de viño que cada viticultor pode vender ao ano.
Tampouco se pode abrir durante todo o ano senón que está limitado ao período de xaneiro ata xuño, podendo ampliar excepcionalmente ao mes de xullo. Entre agosto e fin de ano os establecementos deben estar pechados. Os locais, a corresponder con lugares de elaboración ou almacenaxe de viño, tamén deben cumprir unha serie de condicións para a apertura e cumprir cuns requisitos administrativos. As tapas que se poden servir están limitadas a unha listaxe recollida na lei autonómica e a ordenanza municipal entre as que o propietario debe escoller ao rexistrar o furancho.
Os furanchos poden ser unha ferramenta moi útil no mantemento das viñas existentes, nomeadamente as da parroquia de Vilachá, xa que para o pequeno viticultor é un xeitode sacar un maior rédito ao seu traballo, dende o Concello.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

REMATAN OS TRABALLOS PARA REFORZAR A SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA N-120

Seguinte Nova

José Luís Álvarez, Alcalde de Pantón, ten como obxectivo levar auga potable a todo o municipio antes de completar o mandato

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: