Novos documentos sobre o Castelo de Montefurado

• O párroco Jesús Río, aficionado a historia , traballando sobre heráldica de Quiroga, atopou na Biblioteca Virtual de Defensa un documento e uns planos da construción dunha fortaleza encima do túnel de Montefurado de 1811

Plano da Fortaleza de Montefurado Fotos C.Q.

Por riba do túnel romano de Montefurado levantouse en tempos unha fortaleza, coñecida como o castelo da Pena do Corvo, segundo a tradición oral e do que existe abundante documentación, ainda que ata o de agora non se puideron localizar restos arqueolóxicos desta suposta construción desaparecida. O suposto castelo non tería unha orixe certa, especúlase con que poderia ser romano, pero outros investigadores falan dun orixe máis recente, próximo ao século XIX. Existen referencias á misma nun gravado realizado polo artista José Cappa publicado en 1888 no número 38 da revista “A Ilustración Española e Americana” que amosa o que parecen ser as ruinnas dunha estrutura fortificada coroando o túnel. Outro gravado do século XIX, do pintor Daniel Urrabieta Vierge, mostra o túnel e o castelo vistos desde Anguieiros. E tamén nun gravado que acompaña un artigo literario sobre Montefurado do xornalista José Rúa Figueroa que foi publicado en 1851 polo Semanario Pintoresco Español. Ou o mapa da provincia de Lugo realizado por Francisco Coello no que se poden ver unhas ruinas por riba do túnel de Montefurado antes do seu derrubamento no ano 1934. Estas eran as poucas imaxes que se atoparan sobre as ruínas que coroaban o túnel de Montefurado.
E agora nova documentación mostra algo de luz respecto diso, grazas aos traballos do párroco de varias parroquias no municipio, Jesús Río, gran aficionado a historia, que durante a súa busca de documentación sobre heráldica de Quiroga para un master sobre heraldica, atopou na Biblioteca Virtual de Defensa un documento e uns planos da construción dunha fortaleza encima do túnel de Montefurado de 1811. Jesús Río considera que esta construción comezou a levantarse despois de 1809 posto que ese ano foi cando pasaron pola comarca as tropas francesas. Na memoria militar atopada considérase Montefurado como un lugar estratéxico, no que o Nacional Corpo de Enxeñeiros construíu unha obra pechada, “aspillerada”, con troneiras e en parte cuberta para servir de aloxamento ás tropas. Descoñecese que pasou logo coa fortaleza, logo do derrube da boca do tunel.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ESPECIAL FITUR 2022

Seguinte Nova

Luís Fernández Guitián, presidente do PP de Sober

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: