• A presidenta saínte, Raquel Arias, destacou “a capacidade de traballo, a lealdade e a xenerosidade de Luis”
Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober dende o 2011, foi elixido presidente do PP local por aclamación no congreso do partido celebrado na localidade e no que a súa candidatura foi apoiada polo 100% dos afiliados. O comité local complétase con Raquel Arias, vicesecretaria de Infancia, Mocidade, Políticas Demográficas e de Xénero; Domingo López Fernández, de Política Agroforestal e Viticultura; Francisco Vázquez Pérez, de Promoción do Emprego, Artesanía e Industria; Sonia Fernández Martínez, de Mobilidade e Promoción Turística; Carmen Pérez Pérez, de Políticas Sociais, Maiores e Sanidade; Abel López Fernández, de Infraestruturas, Vivenda e Medio Ambiente; e José Quevedo Pérez, de Cultura, Ensino, Deportes e Novas Tecnoloxías.
RENOVACIÓN
O Partido Popular continúa a renovar os órganos de dirección a nivel local tralos conclaves autonómico e provincial. Ata Sober achegáronse o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; a presidenta provincial, Elena Candia; o vicepresidente do PP na provincia, Francisco Conde; o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal; o secretario de organización, Javier Vázquez Prado e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro.
O novo presidente agradeceu o apoio da “familia do PP de Sober” á súa candidatura integrada polas persoas que conforman o goberno municipal: “somos un equipo con ilusión polo futuro e que se esforza diariamente por atención aos veciños e ao noso concello. Creo que debemos ter vocación de servizo público”, engadiu.
A presidenta saínte, Raquel Arias, destacou durante a súa intervención “a capacidade de traballo, a lealdade e a xenerosidade de Luis. Síntome tremendamente orgullosa de que me teña relevado na alcaldía, agora á fronte do Partido Popular de Sober.•