Os hackers rusos tamén atacan aos concellos do rural galego

• O pasado 31 de xaneiro, o Concello de Monforte sufriu un ataque á web oficial municipal

Coa situación que se está a vivir na fronteira entre Rusia e Ucraína, todos estamos familiarizados coas características das novas guerras do século XXI, nas que non só hai tanques e soldados por todas as partes, senón que tamén se libran no ciberespazo, ámbito no que Rusia é tamén unha gran potencia. Son coñecidos os ataques de hackers rusos a entidades públicas. Lembramos a súa influencia nas eleccións norteamericanas, e tamén o colapso que produciron en en SEPE hai uns meses. Agora o Concello de Monforte viu como a súa web municipal oficial sufría un ataque informático, previsiblemente a cargo dun hacker ruso que inhabilitou esta web durante varios días. Os técnicos informáticos do Concello sinalan que en ningún momento se roubaron datos de ningún usuario ou cliente, nin datos da web; tratouse dun ataque de spam, por iso aparecía publicidade non desexada na páxina de inicio da web e que a Sede Electrónica do Concello non se veu afectada por dito ataque en ningún momento, sendo o seu funcionamento normal. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Luís Fernández Guitián, presidente do PP de Sober

Seguinte Nova

A voltas coa terceira praza de médico en Pantón

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: