As obras na estación de Sarria inclúen unha nova pasarela peonil

• Adif adxudica o tratamento de plataformas e cruces entre plataformas nas estacións ferroviarias de Rubián, Oural, Sarria e Laxosa

Vista virtual da pasarela peonil que se construirá en Sarria. Foto ADIF..

Adif aprobou a adxudicación das obras de tratamento de plataformas e cruces entre plataformas nas estacións de Rubián, Oural, Sarria e Laxosa, todas elas situadas na provincia de Lugo, no tramo Monforte de Lemos-Lugo da liña convencional León-A Coruña.
O contrato foi adxudicado á UTE formada por Petrolam Infraestruturas e Arias Infraestruturas, por un importe de 3.604.833,06 euros (IVE incluído).

MODERNIZACIÓN DO TRAMO MONFORTE DE LEMOS – LUGO
Os traballos forman parte dos proxectos de modernización do tramo Monforte de Lemos-Lugo e permitirán mellorar a seguridade de circulacións e usuarios. Á súa vez servirán para adaptar os elementos obxecto deste contrato ás novas condicións de explotación que traerá consigo a electrificación a 25 kV do tramo Monforte de Lemos-Lugo.

ACTUACIÓNS PREVISTAS
O proxecto define as actuacións necesarias en plataformas, pasos inferiores e outras estruturas das estacións de Rubián, Oural, Sarria e Laxosa.
O obxectivo é adecuar as estacións aos requirimentos técnicos e de interoperabilidade da normativa en vigor, en especial no relativo aos cruces de vías entre plataformas, mellorando as condicións de explotación da liña e potenciando a competitividade da rede ferroviaria galega.

PASARELA PEONIL EN SARRIA
Por outra banda, na estación de Sarria inclúese a execución dunha pasarela peonil sobre vías, que permite tanto o paso de persoas dun a outro lado da poboación (permeabilidade urbana entre o núcleo urbano de Sarria e o barrio de O Mazadoiro) como o paso entre plataformas. Tanto os labores de rehabilitación, como estes labores de mellora ou adaptación das infraestruturas, contribúen a mellorar a seguridade na circulación e a seguridade dos usuarios, evitando ou suprimindo desta maneira posibles riscos para a seguridade. Debido a que no contrato prevese a construción dunha pasarela peonil que permite tamén unha permeabilidade entre distintas zonas urbanas, estas obras contribúen á cohesión social e o desenvolvemento sostible, potenciando adicionalmente a integración da estación na súa contorna urbana.

SOSTIBILIDADE
Estas accións contribúen á consecución de diferentes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODS 3 (Saúde e Benestar), ODS 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura) e ODS 11 (Cidades e Comunidades Sostibles).

REDUCIR OS TEMPOS DE VIAXE
As actuacións de mellora do tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, nas que se enmarca esta adxudicación, teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe..•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte incrementa o persoal da súa Policía Local con tres novos axentes

Seguinte Nova

O PP insiste cos servizos ferroviarios

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: