Ven de darse a coñecer o informe do comité SICTED 2021 (Sistema Integral de Calidad Turística en Destinos, promovido pola Secretaría de Estado de Turismo), no pasado mes de decembro, no que se relacionan os establecementos e empresas de servizos turísticos que renovan o distintivo “Compromiso de Calidad Turística” na Ribeira Sacra, así como aqueles que se adhiren por primeira vez. A Ribeira Sacra incorporouse á rede de Destinos SICTED de España en 2020, e entón foron vintecatro as empresas ás que se lle otorgou o distintivol. No informe do 2021, deixa clara a aposta pola calidade do tecido empresarial da Ribeira Sacra, todas as empresas consguiron renovar o seu distintivo de calidade. Ademais, nove conseguiron superar o proceso de evaluación e obtiveron por primeira vez o seu distintivo de calidade turística. Constrúese así unha rede que engloba a diferentes actores e subsectores do turismo comprometidos pola mellora continúa, axudando á diferenciación.
As empresas son: Bodega Proencia, Casa das Xacias, Casa de las Flores, Casa do Polo, Casas Quo Vadis, Eurotaxi Quiroga, genuine Galicia, Monasterio de Santa Cristina de Ribas de Sil, Viajes Hemisferios, Adega Condado de Sequeiras, Apartamentos Ribeira Sacra, Apartamentos Río Sil, Casa Darío, Casa do Romualdo, Casa Grande de Covas apartamentos turísticos, Casa- Museo Fábrica de Chocolate, Casa Rural O Canto da Terra, Casa Santiago, Casa Solveira, Casa Vistaboa, Enoturismo Galicia, Hotel Condes de Lemos, Hotel Mogay, Máis que Románico Rutas, Novas Rutas, Remanso dos Patos, Oficina de Turismo Concello de Chantada, Oficina de Turismo Concello de Parada de Sil, Portomiño, Restaurante A Cantina, Rural Luxury Pombar y Siltrip.•
Últimas noticias sobre TURISMO
Turismo de Galicia reforza a súa estratexia de promoción dos itinerarios xacobeos menos transitados co obxectivo
O Courel consolídase como destino turístico coa inauguración do Centro de Interpretación e sede da colección
O pasado domingo celebrouse en Pantón unha xornada micolóxica, nun marco perfecto coa beleza outonal da
O Concello de Sober é escenario de dous novos proxectos financiados a través do programa Leader,
A combinación de bo clima e eventos destacados como o Castañazo Rock impulsa o turismo no