Doc Magoo’s tras máis de vinte anos, inicia unha nova etapa

• Despois de chegar a un acordo con Hermanager Producións

A senlleira banda monfortina de Rock & Roll avalada por unha traxectoria de máis de 20 anos rodando polos escenarios de toda Galicia, especializada en versionar dos grandes de todos os tempos, ven de iniciar unha nova etapa, chegando a un acordo de representación coa empresa Hermanager Producións, marca que se dedica á distribución de espectáculos e á colocación de artistas. O motivo do acordo e liberar aos propios músicos da xestión de comercialización, negociación, xestión de axenda e folla de ruta das actuacións tal como viñan facendo ata agora e centrarse na sua faceta musical. Doc Magoo’s está composto por Franki á guitarra, Piérrez aos teclados, Napo co Baixo, Pistón á Percusión, Luaña armónicas e Izzy como cantante. Nos seus potentes concertos, pódense escoitar temas míticos de Neil Young, The Black Crowes, Prince, Police, Rolling Stones, Lenny Kravitz, The Doors, ou Bob Dylan, entre outros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os chantadinos Fábrica de Espejos, primeiro grupo galego confirmado no 17º Ribeira Sacra Festival

Seguinte Nova

Monforte incrementa o persoal da súa Policía Local con tres novos axentes

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: