Eduardo Iglesias impartirá un curso de navegación off road

• Está organizado pola empresa galega CleverCap Sistemas co patrocinio da Xunta de Galicia, e contará tamen co copiloto lucense Diego Vallejo e cunha auténtica lenda do Dakar como Joan Pedrero

Espectacular Imaxe de Eduardo Iglesias, nunha das etapas do rally Dakar 2022. Foto E.Iglesias.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de traballo cos deportistas galegos que veñen de competir no Rally Dakar 2022. Por unha banda, o copiloto lucense Diego Vallejo rematou o rally -xunto ao piloto Óscar Fuertes- na trixésimo cuarta (34) posición da categoría de coches na que supuxo a súa sexta participación no rally. Pola outra, o piloto lucense Eduardo Iglesias concluíu a proba na septuaxésimo oitava (78) posición na categoría de motos, firmando o seu terceiro Dakar consecutivo. Para Lete Lasa, que “os dous deportistas galegos que encaraban o rally máis esixente do mundo chegaran á meta demostra a gran calidade e o gran momento que atravesa o motor en Galicia”.

APOSTA POLA PRESENZA GALEGA NO DAKAR
Lete Lasa asegurou que a Xunta seguirá apoiando a presenza de deportistas galegos nas probas máis importantes do mundo como é o caso do Dakar e como ocorre con Eduardo Iglesias grazas ao patrocinio recibido da Secretaría Xeral para o Deporte e de Galicia Calidade.

NAVEGACIÓN CO EQUIPO CAP ROAD
Neste sentido, o mandatario galego informou que a Xunta de Galicia patrocinará o curso de navegación off road con roadbook organizado pola empresa galega CleverCap Sistemas de Información e que será impartido por Diego Vallejo, Eduardo Iglesias e toda unha lenda do Dakar como Joan Pedrero, 13 participaciones en el Dakar, dous quintos postos en 2011 e 2013 e dúas etapas gañadas no 2014 e 2017. O curso terá lugar os días 18 e 19 de marzo en Santiago de Compostela, e dará a coñecer a nova navegación aplicada no Dakar, ademais de perfeccionamento e xestión en técnicas de navegación. Ademais, o domingo 20 de marzo terá lugar unha mesa redonda na que participarán pilotos de primeiro nivel mundial e na que compartirán as súas experiencias cos participantes do curso e o público asistente.
O sistema de navegación utilizado no Dakar é produto da empresa francesa ERTF pero o seu uso está restrinxido ao propio rally. O único xeito de adestrar con este modelo é a través do equipo Cap Road, creado pola empresa galega CleverCap, e que replica as funcionalidades do sistema orixinal francés. Este equipo Cap Road será a principal ferramenta de navegación durante o curso, desenvolvido para o seu uso en eventos deportivos off road, e de forma explicita na modalidade rally raid. Nun só equipo móstranse todos os elementos e parámetros necesarios para a navegación off road: roadbook electrónico, odómetros parcial e total recalables, distancia a waypoint obxectivo, rumbo actual, rumbo a seguir, tanto en graos como con punteiro, velocidades, alertas visuais e acústicas, información GPS, etc.
Un dos colaboradores neste curso, Singletrack, ofrece un agasallo a todos os rexistrados, a APP ADVENTURE GALICIA especifica de navegación off road.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aumentan as empresas co distintivo «Compromiso de Calidad” na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Aberto o prazo para solicitar a participación

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss