Fondos europeos para as Reservas da Biosfera da provincia

• En total, as sete reservas de biosfera declaradas en Galicia disporán de máis de 6,4 millóns de euros procedentes do plan de recuperación da UE para investir nestes espazos

Imaxe do acto no que a Deputación de Lugo, informou sobre as axudas para os anos 2022-2023 ás Reservas da Biosfera. Foto GPDL.

A comunidade autónoma percibirá preto de 6,5 millóns de euros grazas a ao plan da UE para o impulso das Reservas. Das catro Reservas da Biosfera da provincia de Lugo, dúas delas, a do Eo, Oscos e Terras de Burón e Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel disporán xunto coa a Reserva de Biosfera transfronteiriza Xurés-Gerês de ata 1,37 millóns de euros que se canalizarán a través dun plan de actuacións no que xa está a traballar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e que incluirá medidas de impacto nos tres ámbitos.

XESTIÓN DA DEPUTACIÓN
As outras dúas, Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá ambas xestionadas pola Deputación provincial, tamén poderán optar aos fondos europeos do programa Next Generation reservados para a mellora e posta en valor destes espazos naturais. Así llo trasladou aos seus órganos xestores a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo. Haberá un importe global de 1,85 millóns de euros reservada a aquelas reservas de biosfera que non xestiona de forma directa a Xunta e que as actuacións elixibles ao abeiro desta convocatoria —que se fará en réxime de concorrencia competitiva— deberán ir dirixidas á xestión, promoción e xestión destes espazos, podendo cubrir ata o 100% do seu custo. As catro reservas de biosfera da provincia, de calquera xeito, tamén se poderán beneficiar dunha segunda orde de axudas dirixida a concellos e asociacións ou comunidades de montes que promovan accións de conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais, de fomento do desenvolvemento sustentable e da mellora do patrimonio cultural.

INFORMACIÓN DA DEPUTACIÓN DE LUGO
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidiu a pasada semana unha reunión para informar aos concellos e ás entidades asentadas no territorio das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses das características, condicións e requisitos necesarios para concorrer ás liñas de axuda que convocará proximamente a Administración autonómica cos fondos da Unión Europea que recibirá Galicia especificamente para estes espazos naturais a través do Programa de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

CAPTACIÓN DE FONDOS DA UNIÓN EUROPEA
Co encontro celebrado, a Deputación cumpre co seu compromiso de informar de primeira man aos axentes asentados no territorio das Reservas sobre as convocatorias de axudas da Xunta con fondos europeos. Así mesmo, segundo destacou o Presidente, a reunión enmárcase no traballo que fai a institución “para captar a maior cantidade posible de recursos da Unión Europea, tanto por parte da propia Deputación, como dos concellos e entidades que forman parte das Reservas da Biosfera, co obxectivo de seguir impulsando o seu desenvolvemento sostible, a nivel social e económico”. “Para nós, é fundamental que os fondos que chegan de Europa a través do Goberno do Estado se invistan no territorio, sobre todo no rural, porque só así serán realmente eficaces”, asegurou José Tomé.

XESTIÓN DA BIODIVERSIDADE E DOS RECURSOS NATURAIS
Os fondos do Programa de Recuperación, Transformación e Resiliencia para as Reservas da Biosfera están vinculadas á consecución de obxectivos mediante a cuantificación de indicadores e medicións, sendo necesario incluír actuacións de conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais. Trátase dunha axuda de concorrencia competitiva subvencionada ao 100%.
Os concellos incluídos no ámbito territorial das Reservas da Biosfera galegas poderán optar a axudas de entre 40.000 e 80.000 euros, mentres que outras entidades como como as comunidades de montes veciñais en man común, asociacións ambientalistas, ONG’s ou entidades de custodia do territorio, contarán con achegas de 10.000 a 25.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha a sefunda edición do programa IlustrarNÓS

Seguinte Nova

Aumentan as empresas co distintivo «Compromiso de Calidad” na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: