O Club Lemos consolídase nos postos que dan dereito a xogar a fase de ascenso

• Despois do empate ante Ribadeo e a vitoria ante o Santaballés

Imaxe do partido entre Lemos e At. Escairón. Foto Montero.

Non poido o Lemos culminar unha semana perfecta derrotando ao Ribadeo na Pinguela no partido aprazado correspondente á xornada 16. Mereceu a vitoria, pero non tivo a sorte de cara ao gol que mostrou no derbi ante o At. Escairón no partido anterior, e ante o Santaballés, ao que venceu a domicilio por 0-1. Os lemistas teñen unha oportunidade de encaramarse ao terceiro posto, pois reciben na Pinguela ao Foz, mentres que o Betanzos, directo rival na pelexa polo terceiro posto, visita o difícil campo do Vitoria da Coruña.

A SD SARRIANA SEGUE INTRATABLE

Pola sua banda a SD Sarriana gañou fácil na súa visita a Escairón, ante un equipo local moi minguado polas baixas. Os de Edu seguen no máis alto da táboa, aínda que o Montañeiros séguelles de preto a tres puntos e cun partido menos. Os sarriáns reciben ao Santaballés na seguinte xornada, mentres un desafiuzado At. Escairón rende visita ao Ribadeo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria prepárase para a Volta O Gran Camiño

Seguinte Nova

O CB Sarria campión da fase regular

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: