• Despois de que o Concello decidira revocar os contratos de compra de nove parcelas

O Equipo de Goberno doConcello de Monforte acordou revocar os contratos de venda de nove parcelas do Polígono do Reboredo que se firxeron nos anos 2006 e 2007.
Os compradores, asumiran entón en base as cláusulas fixadas, a obriga de materializar os seus proxectos industriais nun prazo máximo de cinco anos. Pero estes compromisos xamáis se cumpriron. A intención do Equipo de Goberno é facer valer os contratos asinados e revertir ao Concello a propiedade das parecelas.
Tan pronto se complete este proceso administrativo, a idea e facer un novo concurso para a sua venda, e que estén dispoñibles para todos aquelees interesados. Sinala o Alcalde José Tomé que “as 9 parcelas que poremos a disposición de todas estas empresas interesadas, suman un total de 11.749,56 metros cadrados, ós que hai que sumar outras 2 parcelas de titularidade municipal, unha de 1.076,95 m2 e outra 1.150,91 m2, o que suma en total 13.977,42 m2, o que creo que é unha superficie certamente importante que contribuirá a seguir aumentando o listado das empresas que conforman este polígono”. •