O PP mantén a sua postura de reivindicación ante o Goberno Cerntral dunha mellora dos servizos ferroviarios na provincia de Lugo, unha vez que a chegada da alta velocidade a Ourense deixou constancia do illamento de Lugo en materia ferroviaria. A súa última iniciativa tivo lugar no Congreso dos Deputados cunha Proposición non de Lei relativa á mellora dos actuais servizos ferroviarios entre Lugo e Ourense, para o seu debate na Comisión de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.
A iniciativa expón, unha vez finalizadas as obras en curso que manteñen cortada a circulación ferroviaria entre Lugo e Monforte ata o próximo 10 de maio, adoptar medidas para implantar novos servizos matinais que permitan utilizar os trens que teñen a súa saída desde Ourense a Madrid a primeiras horas da mañá e tamén en sentido inverso, así como mellorar os actuais horarios para reducir ao mínimo os tempos de espera nas ligazóns de Ourense, xa que na actualidade prodúcense esperas nalgúns casos de máis dunha hora. Tamén propñen os populares introducir, tras a posta en servizo dos trens Avril prevista a finais de 2022, un segundo servizo con trens do tipo S-730 ou similares, que permitan a conexión sen transbordo en Ourense e realizar a viaxe directa, aínda que non permitan alcanzar as velocidades da novos AVE. A Proposición non de Lei vai subscrita polos deputados por Lugo, Jaime de Olano e Joaquín García, polos deputados por Ourense, Celso Delgado e Ana Belén Vázquez
Segundo os populares, os lucenses que queiran desprazarse a Madrid contan con 4 servizos diarios, dos cales 3 son trens de media distancia con final de traxecto en Ourense e cambio de tren nesa cidade para tomar un tren de alta velocidade ata Madrid. O cuarto servizo é un tren Alvia, a única conexión directa, podendo realizar o traxecto en preto de 5 horas. E o actual cadro de horarios dificulta os enlaces en Ourense cara a Madrid e viceversa nalgúns tramos horarios. Non e posible enlazar co primeiro AVE da mañá que ten a súa saída de Ourense ás 6:30 ni co segundo ás 7:18 e con chegadas a Madrid ás 8.45 e ás 10:20 respectivamente, aoo non contar con ningunha ligazón desde Lugo.•
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, acusa a Monforte de invadir territorio de Neiras e
O Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria decidiu persoarse como acusación no procedemento penal aberto
Reunidos en Monforte, piden investimentos en infraestruturas e políticas sociais para combater a discriminación á que,
O Pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG para solicitar
A agrupación do PSdeG de Pantón valora positivamente a decisión da Deputación de licitar a mellora