O PP reclama a creación dunha unidade de atención temperá municipal

• Celebrou unha reunión de traballo coa participación de Elena Candia e Francisco Conde

Katy Varela sinala que a Xunta subvenciona un 90% dos salarios dos traballadores, “polo que é inadmisible non aproveitar estes recursos” para crear unha unidade de atención temperá. Foto GPPP.

O Partido Popular de Monforte celebrou unha reunión de traballo cos seus militantes que contou coa participación da presidenta provincial, Elena Candia; o vicepresidente, o monfortino Francisco Conde; e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro.Por outra banda, Katy Varela lamenta que o alcalde “continúe enrocado” en non solicitar as axudas para crear unha unidade de atención temperá neste municipio. Segúna a portavoz do PP, Tomé “mentiu” cando dixo publicamente que esta unidade do hospital de Monforte estaba pechada. “Non o está e, aínda que o seu desenvolvemento se viu interrompido pola crise sanitaria, actualmente continúa en formación, pero en absoluto se pechou”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Polígono do Reboredo terá 14.000 m2 dispoñibles para a súa venda

Seguinte Nova

Os chantadinos Fábrica de Espejos, primeiro grupo galego confirmado no 17º Ribeira Sacra Festival

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: