• O grupo publicou en 2021 o seu traballo discográfico: Mundo Incierto
Fábrica de Espejos son os representantes galegos desta primeira quenda de confirmacións do 17º Ribeira Sacra Festival. Sen perder de vista a new wave dos oitenta e o indie español dos noventa, os chantadinos reafirman o seu estilo propio no seu primeiro longa duración «Mundo Incierto»‘. Un traballo redondo, impregnado de cadencias shoegaze, atmosferas synthpop e intensas emocións. Os seus integrantes (Leticia Iglesias, Isaac Ferreiro, Alex Pacheco, Hum Novoa e Anxo Novoa) lévannos da man a un reflexo incandescente de novas emocións atopadas, unha viaxe que ten como apoio a sensibilidade en cada letra. Ese íntimo momento en que nos atopamos connosco mesmos é posto nunha esfera onírica, en cada canción, en cada ritmo que se sucede, en cada palabra pronunciada.
VENTA DE ABONOS
A sexta edición de 17° Ribeira Sacra Festival celebrarase do 29 ao 31 de xullo de 2022 . Un ano máis, este territorio converterase nun encontro único que maridará ao longo dunha fin de semana, música, viño, gastronomía e patrimonio. Unha experiencia única ao redor da música en directo e da cultura do viño nunha zona de excelencia vitivinícola.. Xa está dispoñible para a venda dende o pasado día 3 de febreiro, un segundo tramo de abonos promocionais a un precio de 58 €. O abono da acceso á programación musical del viernes 29 de julio al domingo 31 de julio de 2022. Non inclue o transporte do festival nin o resto de actividades previstas: concertos no catama rán, catas, roteiros. Os abonos serán nominativos e poderanse adquirir máximo de dous por compra.
Ademais de Fábrica de Espejos, os outros grupos confirmados para o 17º Ribeira Sacra Festival son ata o de agora Teenage Fanclub, Lola Marsh, Maika Makovski e Amorante.•