Presentouse o libro Alejando Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos

•Contou coa presenza do autor Roberto Mera Covas, o xornalista Xosé Manuel Pereiro e o ex-alcalde de Monforte, Severino Rodríguez.

Imaxo do acto da presentación. Foto Ateneo Casino.

O avogado e politólogo Roberto Mera Covas presentou este sábado 12 no Ateneo Casino de Monforte o seu libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos (Belagua Ediciones). No acto participaron o autor acompañado do xornalista Xosé Manuel Pereiro e do ex-alcalde Severino Rodríguez.
Mera constrúe un libro ameno para contar os dezaséis últimos anos da vida de Alejandro Viana, deputado republicano e tío bisavó do autor. Viana fuxiu a Francia e arriscou a súa vida para salvar a decenas de miles de refuxiados republicanos, feito polo que se lle coñece como o ‘Schindler’ galego.
Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. A intervención de Alejandro Viana foi decisiva para a evacuación dende Francia cara a América de 17.000 refuxiados republicanos tras o comezo da guerra civil española.
En 1941, acosado pola Falanxe e a Gestapo, Viana emprendeu unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África,chegou a México, onde viviu ata o seu falecemento en 1952.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata 25.000 Euros para rehabilitación de vivendas na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

As acuarelas orixinais do conto Leopoldo, o pequeño monstro, de Estefanía Padullés

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: