Record de usuarios do Bus Urbano

• O servizo gratuito de Monforte alcanzou, en 2021, os 52.685 viaxeiros, cunha media mensual próxima ós 4.400

Acto da presentación do novo Bus Urbano. FOTO ARQUIVO.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de dar a coñecer os datos correspondentes ó número de pasaxeiros que utilizaron o Autobús Urbano de Monforte no pasado ano 2021, que alcanzou os 52.685 usuarios. Un dato relevante porque “a media mensual neste 2021 supera ás 4.400 persoas ó mes, polo que podemos dicir que estamos ante un ano histórico no que superamos a cifra de 52.000 viaxeiros”, destaca o Alcalde. Do mesmo xeito, o Alcalde subliñou que “o novo bus urbano gratuíto de Monforte transportou, en 2020, un 140% máis de persoas que en 2019, e en 2021, supuxo o 265% máis de viaxeiros, o que significa todo un éxito para este servizo de trasporte público municipal dende que comezou a funcionar cun novo vehículo e de xeito gratuíto en febreiro de 2020. Os excelentes datos de usuarios que vimos de comunicar hoxe permítennos afirmar que este novo autobús de transporte municipal público e gratuíto está a cumprir co fin social para o que foi ideado.” Para o Equipo de Goberno de Monforte, o fomento do transporte público forma parte esencial das políticas sociais do goberno municipal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP insiste cos servizos ferroviarios

Seguinte Nova

●●● As esculturas con motoserra de Jesús Benavides sorprenden na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre SERVIZOS

A %d blogueros les gusta esto: