Sarria prepárase para a Volta O Gran Camiño

•A cuarta etapa da rolda galega disputarase o 27 de febreiro, e suporá unha oportunidade única para proxectar Sarria como punto de referencia do Camiño de Santiago

A Volta Gran Camiño busca a repercusión e a fama que no seu día tivo a Volta a Galicia, atraendo ás grandes figuras mundiais do momento. Foto GPVDL.

Sarria iniciou a conta atrás para O Gran Camiño cunha ruta ciclista polo trazado da cuarta etapa da volta profesional a Galicia, que se disputará o vindeiro 27 de febreiro. Ciclistas de DHG Team, Club Ciclista Cidade de Lugo e Triatlón Cidade de Lugo Fluvial participaron na iniciativa, promovida pola Vicepresidenta da Deputación.. O deputado de Deportes, Efrén Castro, e o ex-ciclista profesional Ezequiel Mosquera, impulsor do Gran Camiño, sumáronse ao grupo, que percorreu o trazado previsto para a contrarreloxo que decidirá a proba.Trátase de 15,8 quilómetros con saída do casco urbano de Sarria, con tramos nas estradas LU-P-5707 e LU-P-5602,, coincidindo co trazado do Camiño de Santiago, e volta á vila para alcanzar a meta, na Rúa do Castelo, fronte as icónicas letras de Sarria. Efrén Castro explicou que “a Volta suporá unha oportunidade para proxectar Sarria como punto de referencia do Camiño de Santiago, incluso a nivel internacional, porque a proba traerá aquí algúns dos mellores equipos do mundo”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto o prazo para solicitar a participación

Seguinte Nova

O Club Lemos consolídase nos postos que dan dereito a xogar a fase de ascenso

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: