Castiñeira considera que Tomé usou a Deputación como trampolín para chegar a Secretario Xeral do PSOE de Lugo

• O portavoz popular, Javier Castiñeira pide a Tomé que “se poña a traballar pola provincia, que a ten moi abandonada»

Javier Castiñeira, na entrada ao Pleno la Deputación de Lugo. GPPPL.

Javier Castiñeira, portavoz do Partido Popular na Deputación, aproveitou o Pleno do día 22 de febreiro para felicitar ao señor Tomé polo seu cargo como secretario xeral dos socialistas lucenses, e facelo extensivo tamén aos compañeiros deputados socialistas que asumen responsabilidades na executiva provincial do POE de Lugo”. Ao mesmo tempo, os populares consideran que “no que vai de lexislatura o principal obxectivo do señor Tomé foi usar a Deputación como trampolín político; agora que cumpriu ese obxectivo o que lle pedimos é que se poña a traballar pola provincia, que é o fundamental e tena moi abandonada”. Ademáis, o portavoz popular quéixase de que “o bipartito segue empeñado, unha vez máis, en converter os plenos provinciais en debates do estado da autonomía e trae mocións e propostas única e exclusivamente para facer oposición ao goberno de Galicia, mentres competencias propias súas, como son as estradas, seguen sen resolver».
Tamén chama a atención ao PP a seguinte cuestión, “Primeiro, a declaración institucional con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o 8-M; o PP está a favor e participou na elaboración desa declaración institucional. Hai que aclarar que fixeron falta dúas xuntas de portavoces para fixar esa declaración, polas diverxencias entre PSOE e BNG, que quedan claras neste pleno, porque o BNG trae unha moción paralela, na que tenta facer política con este día”. Tamén discreparon pola moción en favor das reclamacións da Asociación de Xubilados contra a banca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Alcalde anima a participar no Entroido de Monforte

Seguinte Nova

Nova liña de axudas para fomentar o acceso á vivenda de mozos e mozas

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: