Galicia rexistra un total de 21.256 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 21.256 deles 4.474 son da área da Coruña, 2.553 da de Lugo, 2.429 da de Ourense, 2.265 da de Pontevedra, 3.955 da área de Vigo, 3.490 da de Santiago e 1.990 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 18 están en UCI, 425 en unidades de hospitalización e 20.813 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 513.064 persoas curadas, rexistrándose 3.186 falecementos.

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 18 de marzo:
Home de 85 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Día 19 de marzo:
Home de 84 anos, na área sanitaria de Vigo.

Día 20 de marzo:
Muller de 86 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Muller de 53 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Día 21 de marzo:
Home de 92 anos, na área sanitaria de Coruña e Cee.
Muller de 84 anos, na área sanitaria de Vigo.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.763.801.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.605.892.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para dúbidas e síntomas leves

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.
Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia activa o novo protocolo de identificación e manexo dos contactos estreitos da covid

Seguinte Nova

Chegan fondos europeos para unha vivenda pública sostible e eficiente

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: