Nova liña de axudas para fomentar o acceso á vivenda de mozos e mozas

• Ata 10.800 euros para aqueles mozos e mozas que decidan adquirir unha vivenda para uso habitual en municipios de menos de 10.000 habitantes

A subdelegada reuniuse cos alcaldes de Ribas de Sil, Pantón, Sober, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Bóveda e O Saviñao e co concelleiro de Xuventude de Quiroga. Foto GPSGL..

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou nunha reunión mantida no concello de Ribas de Sil, a alcaldes e responsables municipais das comarcas de Lemos e Quiroga da nova liña de axudas creada polo Goberno para fomentar o acceso á vivenda a mozos e mozas nos concellos que teñen unha poboación inferior a 10.000 habitantes. No acto estiveron presentes os alcaldes de Ribas de Sil, Pantón, Sober, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Bóveda e O Saviñao e co concelleiro de Xuventude de Quiroga. Isabel Rodríguez explicoulles que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana creou este programa de subvencións co dobre obxectivo de facilitar o acceso á vivenda da xente nova ao tempo que trata de axudar a atraer poboación aos concellos con menos habitantes.

AXUDAS PARA MOZOS E MOZAS DE 18 A 35 ANOS
O Goberno concederá unha axuda de ata 10.800 euros para aqueles mozos e mozas que decidan adquirir unha vivenda para uso habitual en municipios de menos de 10.000 habitantes. Esta subvención tamén se estende á mocidade que opte polo alugueiro no lugar de comprar vivenda. Os beneficiarios e beneficiarias serán aquelas persoas que no momento de solicitar a axuda teñan 35 anos ou menos. No caso dos concellos de Lemos e Quiroga, agás Monforte de Lemos que supera os 10.000 habitantes, son arredor de 2.000 mozos maiores de 18 anos e menores de 35 os que se poden acoller a este novo programa de axudas.

APOSTA POLA VIDA NOS PEQUENOS CONCELLOS
A subdelegada destacou que este programa “facilitará que a mocidade opte polas vilas e os pequenos municipios á hora de iniciar o seu proxecto de vida” e destacou o impacto que pode ter esta medida na nosa provincia na que “61 dos 67 concellos entran dentro desta categoría de poboación”.

RETO DEMOGRÁFICO
Isabel Rodríguez incidiu en que o obxectivo que se fixa o Goberno con estas novas axudas é axudar a asentar poboación nova nos pequenos concellos para frear o seu declive. Lembrou que o reto demográfico é una política transversal do Goberno de España, que se reflicte naqueles programas e medidas que teñen impacto sobre a poboación e o territorio como poden ser a vivenda, os servizos públicos e o impulso a actividade empresarial.

AXUDAS PARA COMPRA E ALUGUER
O Programa de axuda ás persoas mozas para contribuir ao reto demográfico é un dos trece programas que forman parte do novo Plan estatal de Acceso á Vivenda 2022-2025, aprobado polo Goberno. O obxectivo deste programa é atraer xente moza aos concellos máis pequenos, facilitando o asentamento de poboación nestes territorios.
Para isto contémplanse dúas axudas:

  • Unha axuda á compra de vivenda, de ata 10.800 euros ou ata o 20% do total de prezo da vivenda. O prezo da vivenda non deberá ser superior a 120.000 euros.
    -Unha axuda ao alugueiro por cinco anos. Será una axuda mensual que cubrirá ata o 60% da renda mensual, ata un máximo de 360 euros. Esta axuda será compatible co bono de alugueiro xove de forma que pode cubrir ata o 75% do custe do alugueiro.
    O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, dispón dos fondos nas partidas orzamentarias deste ano que serán transferidos á Xunta, que ocuparase da convocatoria das axudas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Castiñeira considera que Tomé usou a Deputación como trampolín para chegar a Secretario Xeral do PSOE de Lugo

Seguinte Nova

Sentenza favorable ao Concello de Monforte no caso Aqualia

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss