Beatriz Busto presentou na Pobra o seu libro sobre as pioneiras Pandereteiras de Mens

• O evento rematou coa actuación das pandereteiras de Samoeiro, e cos bailadores da Escola de música municipal

Nuns tempos en que a participación de Tanxugueiras no pasado Festival de Benidorm está a levar a música en galego, e o concepto de pandereteiras e cantureiras por toda España, na Pobra do Brollón, levouse a cabo un acto de acercamento ás raices deste tipo de música, coa presentación pola antropóloga e etnomusicóloga Beatriz Busto Miramontes do seu libro-CD Pandereteiras de Mens. O libro profunda na vida das cinco Pandereteiras de Mens, que dende a comarca de Bergantiños, cruzaron fronteiras e racharon estereotipos coa súa música. Elas son as primeiras mulleres que, sendo labregas, levaron o formato das pandereteiras aos escenarios públicos nos anos 70 e 80.

UNHA HOMENAXE ÁS MULLERES PIONEIRAS DA MÚSICA GALEGA
‘Esta presentación é unha homenaxe a todas as mulleres que abriron camiño e permitiron que a nosa música tradicional teña a impacto de hoxe, como estamos vendo co fenómeno Tanxugueiras,’ declarou o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda.
O libro contén fotografías a cor, unha excelsa compilación de músicas e transcrición de letras e músicas en partitura, para o que a autora contou coa colaboración do etnomusicólogo Sergio de la Ossa.
O acto rematou nunha auténtica foliada, coa musica a cargo das Pandereteiras de Samoeiro, que levantaron a moito do numeroso público asistente. Tamén fixeron acto de presencia para sumarse á festa os bailadores da Escola municipaa de Música Samoeiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte pide unha RPT

Seguinte Nova

Os veciños de Chantada alarmados polas cartas recibidas do Catastro

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss