Chantada acolleu a estrea de A rosa incandescente

• A curtametraxe, dirixida por David Vázquez, achégase á figura dunha xove Rosalía de Castro

O pasado sábado 26 de febreiro, ás 20 horas, con entrada libre, o Auditorio Municipal de Chantada acolleu a estrea da curtametraxe A rosa incandescente, dirixida por David Vázquez. O filme, que está baseado nun guión de Anxos García, quen tamén asume o labor de produción, rodouse no Pazo de Sabadelle, en Chantada, e no seu contorno. A guionista e produtora, Anxos García, profesora en Pontedeume, ideou durante o confinamento un proxecto didáctico e cultural baixo o nome de A rosa incandescente, que inclúe moito maís ca película, trátase de toda unha aventura de investigación e creatividade, vinculado ao mundo de Rosalía, que dalgún xeito, Anxos García asumíu como propio, e quixo reflexalo ben a través das redes, a través do libro Encanta se ri, conmove se chora, do que é coautora xunto con Glafira Fernández-Campoamor, e no que se recolle de forma explícita todo o proceso creativo que a levou ao desenrolo do proxecto de curtametraxe que agora estréase en Chantada. Pero neste proceso, non camiñou soa, de feito, A rosa incadescente é antes que nada un proxecto colectivo, o fruto dun traballo en común levado a termo por persoas entusiastas e aplicadas. Unha delas, figura que a autora atopou por casualidade cando buscaba localizacións para a rodaxe da sua historia, é David Vázquez, Pinancho, un cineasta xa moi recoñecido no mundiño audiovisual galego, tanto en ficción como en traballo documental, especialidade coa que obtivo un especial recoñecemento en festivais de todo o mundo coa exitosa longametraxe Asolagados. Pero non é o único, en A rosa incandescente, hai que destacar o impecable traballo de pescuda e deseño de vestuario de Ana Gesto e Leonor Beiroa, na búsqueda da moda dos anos 60 do século XIX. Tamén é sustancial a dirección de fotografía que correu a cargo de Bruno Maez, que a pesar de que estamos ante unha produción de medios modestos, conseguiu unha textura de cor impecable, tal e como se aprecia no trailer xa presentado. A banda sonora é obra da pianista ortegana Tamara Lorenzo Gabeiras.
E finalmente hai que destacar o notable traballo interpretativo da chantadina Alba López, que encarna de xeito brillante o papel dunha Rosalía de Castro máis xove do que estamos acostumados a ver, un reto que afrontou con respeto e ilusión. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis terreo para o polígono do Reboredo

Seguinte Nova

Galicia rematou o 2021 cunha cifra record de exportacións superando os 25.000 millóns de euros

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss