En marcha o lanzamento do bono turístico 2022

• A idea da Xunta é abrir a comezos de marzo o prazo de adhesión das empresas turísticas e lanzar a nova convocatoria a mediados dese mes

O vicepresidente Alfonso Rueda, facendo parte da primeira etapa. Foto GCXG.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, participou nun acto promocional da nova Volta a Galicia O Gran Camiño, que terá a sua etapa final en Sarria o próximo domingo 27 de febreiro. O vicepresidente fixo en bicicleta, desde O Porriño parte da primeira etapa desta volta que está a desenvolverse en Galicia esta semana. Na saída desde o concello estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López e o alcalde Alejandro Lorenzo e realizou o traxecto co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz e ciclistas como Ezequiel Mosquera, Samuel Blanco, Álvaro Pino, Carla Fernández, Miguel Rodríguez, José González ou Rafa Sáez. Neste evento, o vicepresidente avanzou que a Xunta xa ten en marcha o proceso para o lanzamento da nova convocatoria do bono turístico, que xa está activo o proceso de selección da entidade financeira colaboradora na xestión da nova edición do bono turístico, coa previsión de que quede resolto en cuestión de días. Deste xeito, está previsto tamén que sexa posible abrir a comezos de marzo o prazo de adhesión das empresas turísticas interesadas para que a mediados dese mes se poida publicar xa a nova convocatoria. Alfonso Rueda confía en que se repita a historia de éxito de principio a fin da anterior edición, que foi moi ben acollida esgotando en 12 horas as 12.300 tarxetas dispoñibles e con case 1.200 establecementos turísticos adheridos. Esta iniciativa pioneira permitiu inxectar 7,7 millóns de euros ao sector converténdose nun balón de osíxeno para inxectar liquidez sobre todo na tempada baixa a través do turismo interno dos propios galegos e galegas que se animaron a descubrir a súa comunidade. De feito, os meses de maior consumo foron os de terceiro trimestre, o que da unha idea da capacidade de desestacionalización desta medida. O vicepresidente primeiro da Xunta aproveitou para destacar o evento deportivo de primeiro nivel e de impacto internacional que da man do Xacobeo está a discurrir polas carreteras galegas. A Xunta apoia a celebración desta carreira ciclista na que a organización promove a marca Galicia como destino seguro e o Xacobeo 21-22 polo seu impacto para dar a coñecer os recursos turísticos da comunidade e o Camiño de Santiago co obxectivo de atraer a turistas e peregrinos de todo o mundo neste Ano Santo. Entende Rueda que, ao igual que o verán pasado con La Vuelta 2021, será unha importante plataforma para amosar Galicia e o Xacobeo a nivel internacional.
Nesta liña, amosou a súa satisfacción pola recuperación dun evento que, como o Camiño de Santiago, percorrerá todas as provincias galegas cunha etapa por cada provincia e atravesando distintos tramos de distintas rutas xacobeas: parte do Camiño Portugués na etapa entre O Porriño e Vigo; do Camiño de Fisterra e Muxía no percorrido entre Bertamiráns, en Ames, e o mirador do Ézaro, en Dumbría; paisaxes da Vía da Prata o sábado no tramo entre Maceda e Luíntra; mentres que o Camiño Francés estará presente o domingo na última xornada coa contrarreloxo en Sarria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Protagonismo do sur de Lugo na gala dos Premios Goya deste ano

Seguinte Nova

Volve a carreira popular a Monforte

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: